lunes, 15 de mayo de 2017

CURSO DE APICULTURA

Curso de 24 horas para persoas en activo, A APICULTURA COMO SECTOR DE EMPRENDEMENTO E MEDIDA DE PROTECCIÓN DO MEDIO AMBIENTE COA RECONVERSIÓN DAS EXPLOTACIÓNS Á APICULTURA ECOLÓXICA.
Abordaránse os seguintes módulos:
Módulo I. Introdución. Produción agraria ecolóxica. A apicultura ecolóxica en Galicia. Razóns polas que pasarse á produción ecolóxica. Principios xerais da apicultura ecolóxica e biodinámica.
Módulo II. Manexo das abellas e a súa alimentación. Métodos de xestión zootécnica.
Módulo III. Manexo das colmeas, ubicación e identificación dos colm
enares. Características das colmenas e dos materiais empregados na apicultura.
Módulo IV. Actualidade sanitaria e normativa. Profilaxis e tratamentos veterinarios na apicultura ecolóxica.
Módulo V. Conversión á produción ecolóxica. Regulación da produción agraria ecolóxica. Tramitacións.
Módulo VI. Produtos da colmena, mercado e comercialización. Innovación e emprendemento no sector apícola.

O venres 30 de xuño e 7 de xullo de 17:30h a 21:30h e os sábados 1 e 8 de xullo de 9:30h a 14:00h e de 15:30h a 19:00h no centro do CDR Portas Abertas en Verín.

Para máis información e inscricións nos Centros do CDR Portas Abertas en Vilardevós no Centro de Interpretación do Contrabando e en Verín na Rúa Mariano Carrero, 10. Teléfonos 988417232 ou 988989508, rural@cdrportasabertas.org



jueves, 11 de mayo de 2017

PROGRAMA DE CONCILIACIÓN NO VERÁN

O Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas pon en marcha as inscricións para o Programa de Conciliación durante o verán destinado familias con dificultades para conciliar a súa vida persoal, familiar e laboral durante o periodo estival de vacacións dos máis cativos.
As inscricións abriránse o vindeiro luns 15 de maio ata o 31 de maio. Debido a alta demanda de prazas, a entidade elaborou unhas bases para a correcta asignación da mesmas. Deste xeito valorarase que os nenos e nenas participaran xa en anos anteriores no programa, que participen noutras actividades da entidade, que tanto a nai como o pai traballen... 

Este programa destínase a nenos e nenas de 4 a 12 anos durante os meses de xullo e agosto en horario de mañá. Como novidade este ano, este horario será flexible en función do horario laborais dos pais e nais. 



martes, 11 de abril de 2017

O SABER DAS LEMBRANZAS

Durante centos de anos as persoas adquiriron e transmitiron coñecementos prácticos que deron moita importancia á vida e o coidado do entorno, pero parece que estes saberes foron perdendo importancia na nosa sociedade nos últimos anos. Coñecementos e saberes dos nosos maiores sobre a vida tradicional que fan que os posbos conten cun patrimonio intanxible moi potente que corre o perigo de desaparecer a causa do modo de actuar actual.
Dende o CDR Portas Abertas somos conscientes da perda desta memoria cultural da nosa comarca, considerando indespensable a recuperación dos saberes locais ou coñecementos tradicionais porque estes son o piar fundamental da nosa cultura e é necesario mantelos, conservalos e compartilos. Acceder a estes saberes permitiranos coñecer a comunidad na que vivimos a vez que aprender a maneira de reproducir estes saberes para facer da nosa contorna un lugar máis sustentable.


viernes, 17 de marzo de 2017

XESTIÓN DE RECURSOS MICOLÓXICOS EN MONTES ARBOLADOS

O vindeiro mércores 22 de marzo ás 20:00h no salón de actos da Casa de Cultura de Verín terá lugar a charla "Xestión de recursos micolóxicas en montes arbolados" destinada á comunidade de montes e a calqueira persoa interesada na temática ata completar aforo.
Abordará temas como:
-Introdución á bioloxía dos fungos: os cogomelos.
-Bioloxía dos fungos micorrícicos.
-Micorrización de árbores adultas. Diferenzas coa produción de saprófitas.
-Mico-silvicultura e valoralización dos fungos silvestres.
-Plans de ordenación dos recursos micolóxicos.
-Sistemas de aproveitamento. Exemplos con éxito.
-Xestión de coutos micolóxicos.
-Normas e sistemas de recolleita.
-Normativa e lexislación vixente.


viernes, 27 de enero de 2017

MEMORIA 2016

No seguinte enlace podedes ver a memoria dos programas e actuaciónS que levou a cabo o Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas ó longo do ano 2016.