jueves, 10 de marzo de 2016

RECURSOS PARA O APOIO E ASESORAMENTO AO EMPREGO

O CDR Portas Abertas participou nas "Xornadas de Información Académica e Orientación para ao Emprego" organizadas polo I.E.S. García Barbón de Verín nas súas instalacións, xunto co Director do Servizo Galego de Colocación en Verín, a Orientadora laboral da Mancomunidade e a técnicas de Desenvolvemento Local do Concello de Verín.

A nosa participación consistiu na exposición dos proxectos que a entidade destina para mozos e mozas co fin de favorecer as súas competencias para o acceso ao emprego. Por unha banda, o proxecto Elixindo o meu futuro posto en marcha o pasado ano dentro do Programa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado "Deseñando o teu futuro"e o que lle damos continuidade durante este ano cos obxectivos de facilitar o primeiro contacto coa realidade laboral de mozos e mozas de entre 14 e 18 anos, favorecer a adquisición e coñecementos e habilidades propias para o desenvolvemento persoal e formativo e contribuir a decisión da súa traxectoria formativo profesional. Por outra banda, o proxecto Orientación prelaboral para a mocidade, destinado a mozos  e mozas entre 16 e 25 anos coa finalidade de dotalos, mediante a orientación ocupacional, de competencias para insertarse no ámbito laboral e noutras esferas da súa vida.





No hay comentarios:

Publicar un comentario