miércoles, 27 de abril de 2016

ENCONTRO "VIVIMOS NO RURAL"

O vindeiro 7 de maio celebramos que vivimos no rural en Vilardevós. Xa dende a mañá presentaremos a nosa entidade e coñeceremos experiencias de persoas que apostan polo medio rural e que fan del o seu modo de vida. Comeremos todos/as xuntos/as e disfrutaremos en directo da nosa música tradicional.

Este encontro está aberto a todas aquelas persoas e organizacións que "se sintan orgullosas" do rural no que viven.
Inscricións no 988417232 ou rural@cdrportasabertas.org

Animádevos a participar!






martes, 19 de abril de 2016

XORNADAS DE EMPODERAMENTO PARA PAIS E NAIS

O CDR Portas Abertas levará a cabo durante tres venres, o 20 e 27 de maio e 3 de xuño, unhas xornadas destinadas os/as proxenitores/as interesados en coñecer outras alternativas de educación ademais de profundizar na importancia da Educación Emocional na Infancia.
As xornadas pecharán cun taller afectivo-sexual como parte dunha Educación en Valores, proporcionando ferramentas teórico-prácticas referentes a prevención, saúde...




miércoles, 13 de abril de 2016

TALLER DE PLANTAS MEDICIÑAIS

O pasado sábado, 9 de abril, deu comezo o taller de plantas mediciñais que continuará os vindeiros sábados do mes en horario de mañá.
A través deste taller, os/as participantes aprenderán a recoñecer as plantas mediciñais, cultivalas, coñecer os seus usos e como preparalas.





lunes, 11 de abril de 2016

OBRADOIROS DEREITOS DA INFANCIA

Rematamos os obradoiros de Dereitos da Infancia polos distintos pobos da Comarca de Verín. A través destes, en colaboración coa Fundación EDUCO, achégamos os nenos e nenas o coñecementos dos distintos dereitos para que os sepan recoñecer, realizouse un mural e como remate da actividad deseñouse unha camiseta co dereito que máis lle gustou.









jueves, 7 de abril de 2016

MARCA A X SOLIDARIA

Marcando a X Solidaria estarás axundando a persoas que o necesitan. Como sinala Estrella Rodríguez, Presidenta da Plataforma de ONG de Acción Social, "un simple xesto que non nos costa nada e que permite que cada ano as ONG poidan atender as necesidades concretas de 7 millóns de persoas en risco de exclusión social"

Toda a información en XSolidaria