Bases Programa de Conciliación entre a Vida Laboral e a Vida Familiar
Outro ano máis o CDR Portas Abertas
leva a cabo o “Programa de Conciliación entre a vida laboral e familiar” co
obxectivo de facilitar a compatibilidade laboral e familiar nos meses estivais.
O “Programa Conciliación” dará comezo o 1 de xullo de 2016 e rematará o
31 de agosto do 2016 en horario de 10:00h a 13:00h. Poderán acudir ó servizo os
cativos e cativas en idades comprendidas entre os 4 e 12 anos a excepción de
nenos e nenas de 3 anos que o seu irmán ou irmá acuda ó programa.
A entidade reservase o dereito de gardar un número determinado de prazas
a nenos e nenas con necesidades manifestas (valorado por Servizos Sociais,
Atención Temperá).
Condicións de
matriculación:
Requisitos de acceso:
Debido á gran afluencia de peticións
este ano o equipo técnico decidiu solicitar uns requisitos de acceso ó “Programa
de Conciliación”, os cales móstranse a continuación:
Traballo do
pai/nai/titor ou titora*:
|
- Todos os membros
da unidade familiar traballan: 1 punto.
- Traballa un membro
da unidade familiar: 0,5 puntos.
- Non traballa
ningún dos membros da unidade familiar: 0
puntos.
|
Nenos e nenas que o
ano pasado acudiran ó “Programa de Conciliación”
|
- Participaron o
ano pasado: 1 punto.
- Non participaron
o ano pasado: 0 puntos.
|
Nenos e nenas que
acudan actividades durante o ano
|
- Participan nunha actividade: 0,5 puntos.
- Participan en
dúas ou máis actividades: 2 puntos.
- Non
participan en ningunha actividade: 0
puntos.
|
Pais ou nais
implicados e implicadas na asociación
|
- Pais ou nais
voluntarios/as: 1 punto
|
*No caso de
atoparse traballando deberán axuntar na solicitude de preinscrición a cabeceira
da última nómina.
En caso de
empate en puntos resolverase a través da renda e daráselle prioridade a renda
con menores ingresos.
Datas de presentación de solicitudes e
documentación:
Do 23/05/16 o 27/05/16
|
Preinscricións e documentación necesaria
|
01/06/16
|
Listado provisional de admitidos
|
Do 02/06/16 o 06/06/2016
|
Presentación da renda en caso de empate en puntos
|
07/06/16
|
Listado de definitivo de admitidos/as
|
Do 07/06/16 o 17/06/2016
|
Matrícula
|